Thursday 09 de May de 2024

Visita guiada de usuarios do Centro de Día de Riveira á exposición de Lesmes Fotógrafos


Unha vintena de usuarios do Centro de Día de Riveira realizarán no día de mañá, martes 29, ás 11 horas, unha visita ao Centro Cultural Lustres Rivas co gallo da exposición 15×20 Mate conmemorativa do 60º Aniversario de Lesmes Fotógrafos.

O técnico municipal de Cultural Unai González encargarase de ofrecerlles unha explicación sobre o contido desta mostra, que pode ser visitada ata o 23 de abril.